LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Terceira edición do Premio “Rafael Crecente”


O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) en colaboración co Laboratorio do Territorio (LaboraTe), da Universidade de Santiago de Compostela convocou a III edición do Premio “Rafael Crecente”.

Este Galardón ten como obxetivo recoñecer e impulsar o talento dos recentemente egresados a través do desenvolvemento de ideas innovadoras relacionadas ca xestión territorial (desenvolvemento rural, conservación ambiental, mellora da producción agraria sostible etc).

Concederanse dous premios, un primeiro e un segundo, co recoñecemento formal a través dun diploma acreditativo e unha cuantía económica de 2.000’00 € e 1.000’00 € respectivamente.

O plazo para a presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 28 de febreiro de 2020.

Adxuntamos información cas bases da convocatoria, que tamén poderá consultar na seguinte ligazón: