LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Publicado o Catálogo de fichas de modelos de xestión forestal no marco do proxecto FORVALUE


Ven de publicarse o Catálogo de fichas de modelos de xestión forestal. Un documento sinxelo, encamiñado ó publico en xeral, que pretende servir de orientación a aqueles que teñan a intención de implantar novas actividades dirixidas a xestión e aproveitamento do territorio.

Dito documento publicouse no marco do proxecto FORVALUE que ten como obxetivo contribuir a aumentar a resiliencia do territorio frente ó risco de incendios forestais nun contexto de cambio social e climático. Para iso preténdese promover modelos de xestión innovadores no ámbito transfronteirizo España-Portugal que ademáis sexan xeradores de actividade económica a partir da biomasa producida no espazo forestal. Búscase tamén a implantación de fórmulas asociativas para a xestión da propiedade así como a coordinación transfronteiriza na planificación e xestión do espazo forestal a través do uso de novas tecnoloxías.

Este documento aborda o concepto modelo dende un perspectiva ampla, cun enfoque de xestión e aproveitamento da superficie potencial de produción de biomasa do territorio en clave de resiliencia e resistencia fronte ós incendios.

Os modelos deseñáronse partindo de dúas dimensións:
- Os requirimentos biofísicos: que aptitude produtiva se necesitaría para a viabilidade do modelo.
- Dificultade de implantación: que reflexa a complexidade de implantación e posterior xestión que requirirá cada un dos modelos (man de obra, inversión, dificultade de xerencia, etc.)
 
Os modelos aliméntanse fundamentalmente de fichas técnicas (que recollen diferentes especies/producións (gandeiras, agrícolas e forestais)) e de exemplos inspiradores que pretenden dar visibilidade a distintas iniciativas que podan servir de orientación a hora de comezar unha nova actividade.

Agardamos que sexa do voso interese, podedes enviar as vosas suxestións a modelos.forvalue@usc.es
 
 
Arquivos