LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

O Laboratorio do Territorio forma a persoal dos concellos en Sistemas de Información Xeográfica


O Laboratorio do Territorio (LaboraTe) da Universidade de Santiago de Compostela, ven de impartir a IV edición do Curso SIX con Quantum GIS, celebrada entre o día 18 de maio e o 3 de xuño por vía telemática. O curso enmárcase no convenio que o Laborate ten coa Deputación de Lugo para a realización da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL), e está orientado a persoal da Administración Local.
Nesta edición, unha vintena de técnicos e persoal administrativo formáronse nas tecnoloxías máis avanzadas no uso e tratamento da información territorial, o que lles permitiu adquirir competencias na obtención e procesamento de datos xeográficos, e na xeración de información xeográfica e saídas gráficas.
O fomento destas tecnoloxías entre o persoal da Administración Local permitirá difundir os recursos cartográficos existentes e dispoñibilizados polas diferentes Administracións do Estado, ademais de establecer liñas de comunicación máis áxiles e eficaces para o intercambio de información xeográfica.

Ligazón á páxina WEB da EIEL: https://eieldelugo.usc.es/
Ligazón á nova da Deputación: http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/75692