LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

A MAP galega publica os as súas reflexións sobre a dimensión social das áreas rurais


O proxecto H2020 Sherpa acaba de publicar os resultados das discusións levadas a cabo neste ano 2022 nas 40 plataformas multiactor (MAPs) distribuídas por toda Europa, entre as que se encontra a galega, coordinada pola USC.

Entre as temáticas dispoñibles para traballar no proxecto, neste ciclo a MAP de Galicia fixouse como obxectivo reflexionar sobre a realidade actual e os factores que condicionan a calidade de vida e as relacións sociais nas áreas rurais. Os membros da MAP, entre os que se encontran axentes do ámbito da ciencia, política e sociedade, trataron de dar resposta a catro cuestións chave:

  • Cales son as necesidades en Galicia en relación coa dimensión social nas áreas rurais?

  • Que intervencións políticas xa están en marcha e que exemplos de accións emprendidas polos actores locais abordan estas necesidades en Galicia?

  • Que intervencións políticas (é dicir, instrumentos, medidas) recomendan aplicar a nivel local, rexional e/ou estatal os membros da MAP? Como pode a UE apoiar esas intervencións?

  • Cales son as lagoas de coñecemento e que proxectos de investigación son necesarios?

Os resultados de todo o traballo desenvolvido están agora dispoñibles na seguinte publicación:

MAP Position Paper (Spain, Galicia) -  Social dimension of rural areas (2022)

Guimarey Fernández, Beatriz; Ferreira Golpe, Miriam; Pérez Fra, Mar; Isabel García Arias, Ana; Vázquez González, Ibán; Ríos Rodríguez, Raúl; López Iglesias, Edelmiro

https://doi.org/10.5281/zenodo.7249540

O proxecto encara agora o seu último ano de traballo, no que se centrará na gobernanza das áreas rurais, con especial interese na mellora da formulación e coordinación entre políticas de distintos niveis administrativos (local, autonómico, nacional e europeo) que teñan impacto nas áreas rurais.

Máis información:

Sobre a MAP galega e Sherpa: https://rural-interfaces.eu/maps/spain-galicia/