LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

A ferramenta para a localización de novas explotacións agrarias preséntase no III Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario


O pasado 29 de Marzo o LaboraTe participou no III Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario que se celebrou no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude (Boqueixón, A Coruña), organizado pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL).

Neste Foro presentáronse os principais resultados dos 19 proxectos financiados ao abeiro da "Orde de axudas para o apoio a proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías" da convocatoria 2020 finalizados na anualidade 2022.

O LaboraTe participou con AGACA (promotor do proxecto) na presentación da iniciativa "Sistema de axuda á decisión para a localización de novas explotacións agrarias" onde colaboramos no desenvolvemento de SixtuaTe, unha aplicación web, baseada nos software "PPGIS LaboraTe" e "App PPGIS LaboraTe", que permite atopar novas ubicacións aptas para explotacións de kiwi, porcino, viño ou horta.

Foi un pracer compartir e aprender das distintas propostas de innvoación dos centro tecnolóxicos, universidades, empresarios e produtores sobre como mellorar o noso rural.

Máis información:

 
Arquivos