LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Entrega de galardóns da VI Edición dos Premios Rafael Crecente


O próximo xoves 30 de Novembro ás 18:30 horas, celebrarase o acto de entrega da sexta edición dos Premios “Rafael Crecente” de Propostas Innovadoras de Xestión Territorial, organizado polo IBADER (Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Rural) e o Laboratorio do Territorio (GI-1934 TB), da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Terra, Lugo).

Tal e como estipulan as bases da convocatoria, concédense dous galardóns, co recoñecemento formal a través dun diploma acreditativo e unha contía económica de 2.000 € e 1.000 € respectivamente. Os galardóns teñen como obxectivo impulsar o desenvolvemento de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente, a mellora da produción agraria en sentido amplo e a contribución á xestión territorial sostible.

As premiadas de este ano son:

1° Premio: Estudo sobre recuperación de terras agrarias de Galicia: "Aldeas Modelo".
Autora: Dª Marta Gómez Fandiño.
2° Premio: Recuperación del castañar de Koate de una superficie de 1 ha situado en Lizartza (Gipuzkoa).
Autor: D. Akaitz Sarasola Mugertza.
Accésit: Emprendimiento y energías renovables: las comunidades de energías renovables como base de un desarrollo rural sostenible.
Autora: Dª Vanessa Miramontes Viña.

A maiores da cerimonia de entrega, o evento incluirá un relatorio a cargo de Antonio Turiel, doutor en Física Teórica pola Universidad Autónoma de Madrid, divulgador e investigador científico no Instituto de Ciencias del Mar do CSIC. O autor de Petrocalipsis, Sin energía ou de The Oil Crash falará de transición enerxética e xestión territorial.

O acto terá lugar no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior en Lugo. Será aberto a todos aqueles que se queiran achegar e rematará cun pequeno aperitivo, polo que se agradece a confirmación de asistencia de antemán, a máis tardar o luns 27 ás 14h, a través deste formulario ou chamando ó 982822833.

Máis información:

 
Arquivos