LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Tese analiza a seguridade alimentaria en Galicia


O investigador do LaboraTe, Xurxo Loureiro Veira acaba de defender a súa tese doutoral na USC onde analizou a capacidade do sistema agroalimentario galego para garantir a nosa seguridade alimentaria.

Para o traballo, entre outras técnicas, Xurxo botou man da construción escenarios para 2050, e identificou unha serie de factores que teñen a capacidade de ameazar ou inflúen de xeito moi importante na seguridade alimentaria en Galicia, entre os que se atopan o cambio climático, o tipo de alimentos producidos, a dieta, ou o grao de acceso a derivados do petróleo como os combustibles. Tamén avaliou si a actual superficie agraria útil galega sería suficiente para cubrir as nosas necesidades alimentarias.

A investigación conclúe que dado o elevado grao de complexidade e incerteza, non é posible atopar unha única solución que poida garantir a seguridade alimentaria. Polo tanto, é necesario adoptar unha visión estratéxica que combine medidas ecolóxicas e sociais, e que inclúa o compromiso colectivo dos diferentes actores involucrados. Entre estas medidas poderían atoparse a mellora da capacidade de produción de alimentos en Galicia, ou a garantía dun acceso a unha dieta saudable para todos os grupos de poboación. 

Son necesarios novos estudos que permitan, por un lado afondar máis na comprensión dos factores involucrados, e por outro construír escenarios para a xeración de estratexias máis robustas, que permitan facer fronte a futuras ameazas que supoñan un maior risco que as derivadas da COVID-19, da guerra da Ucraína ou as interrupcións na cadea loxística que tiveron lugar nos últimos ano