Xa están dispoñibles as bases para candidatarse á VII Edición dos Premios Rafael Crecente. Convocados dende 2017, os Premios buscan recoñecer iniciativas innovadoras de xestión territorial relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia.
As persoas candidatas teñen ata o 30 de Setembro para enviar a súa proposta ao correo electrónico
premio.rafaelcrecente@usc.es.
Pódese concorrer con traballos académicos (TFG, TFM, tese) ou poden ser ideas orixinais, traballos técnicos, iniciativas ou proxectos en fase de proposta ou xa executados. O autor ou autores deberán destacar o seu carácter novidoso, explicando onde reside a compoñente de innovación e en que medida a proposta contribúe á iniciativa máis aló do xa existente.
Aínda que os Premios buscan ideas innovadoras que poidan inspirar e mellorar a xestión territorial en Galicia, o ámbito das propostas non se circunscribe á devandita comunidade autónoma. Neste sentido acéptanse propostas de fóra deste territorio, a condición de que se detalle e faga referencia explícita á súa aplicabilidade e/ou viabilidade para o contexto galego. Por exemplo, indicando en que medida a proposta é replicable en Galicia, cal pode ser a achega da idea ao contexto galego, que factores poden favorecer ou dificultar a súa aplicabilidade, etc.
Ligazóns e arquivos: