A importancia da Infraestrutura Verde (IV) para combater a perda de biodiversidade debido ao cambio climático está sendo cada vez máis recoñecida, cun chamado aos estados membros da Unión Europea para que a integren nos seus plans territoriais.
Porén, o deseño de elementos específicos da IV, como os corredores ecolóxicos é complexo, requirindo en moitos casos datos de alta calidade e coñecemento especializado por parte das persoas implicadas na toma de decisión.
Neste sentido, recentemente publicamos un estudo que presenta un sistema de apoio á toma de decisións espaciais (SDSS) para axudar a identificar áreas con alto potencial para funcionar como corredores ecolóxicos co fin de facilitar a sua inclusión nos instrumentos de planificación dunha IV.
A pesar das limitacións relacionadas coas premisas establecidas no seu deseño, o SDSS, desenvolvido en Galicia e con datos dispoñibles publicamente, pode servir como fase preliminar para a delimitación de corredores ecolóxicos da IV.
O artigo, de acceso aberto, desenvolveuse no marco dos proxectos
Inverclima e
Climaplan que tiñan como obxectivo mellorar a planificación territorial da IV e adaptarse así ao cambio climático. Os Proxectos están financiados pola la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) y “Proyectos R + D + I de la Agencia Estatal de Investigación” del Ministerio de Ciencia e Innovación de España (PID2019-111154RB-I00) respectivamente.
O artigo completo está accesible na seguinte ligazón:
https://rdcu.be/dDEVT
Referencia do artigo: Losada-Iglesias, R., García, A.M., Díaz-Varela, E. et al. "Proposta de sistema de apoio á decisión espacial para a delimitación de corredores ecolóxicos na planificación de infraestruturas verdes restrinxida pola falta de datos: un estudo de caso en Galicia, España." Landscape Ecol Eng (2024). DOI:
https://doi.org/10.1007/s11355-024-00598-6