O Programa de Transformação da Paisagem portugués e a Lei de Recuperación de Terra Agraria de Galicia naceron parellos, con ambicións similares en canto á xestión do espazo rural. Polo tanto compartindo contextos e mesmo instrumentos de actuación e ferramentas similares.
Con esta premisa de partida, o mércores 24 de Abril tivo lugar no concello de Riós un taller organizado polo proxecto
PAISACTIVO con dous obxectivos. En primeiro lugar, proporcionar ós parceiros portugueses do proxecto un mellor coñecemento da nosa Lei de Recuperación de Terra Agraria e algúns dos seus instrumentos (nomeadamente os polígonos agroforestais, as aldeas modelo e o Banco de Terras). E por outro lado, feita esta posta en común, tratar de identificar posibles aspectos que puidesen ser transferibles do marco normativo galego ó portugués.
A xornada contou coa presenza da alcaldesa de Riós, de Inés Santé, Directora Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a Subdirectora de Mobilidade de Terras, Digna Irene López Campos, e o Subdirector de Promoción Internacional e Rural Intelixente, Jorge Blanco Ballón. Á xornada asistiron representantes da Câmara Municipal de Baião, da Comunidade Intermunicipal do Tâmega Sousa e os parceiros galegos, así como membros do proxecto europeo
RUSTIK. A xornada de traballo complementouse cunha visita á Aldea-Modelo de Pedrosa e ó polígono Agroforestal de Pousada en Riós.
O proxecto
PAISACTIVO prevé avanzar nun novo marco metodolóxico de actuación ó longo dos vindeiros meses, que se aplicará na aldea de Infesta, no concello de Monterrei.
Pola súa parte
RUSTIK aproveitou a xornada para afondar no seu coñecemento sobre a Lei de Recuperación de Terras, sobre a que ten posto o foco. O proxecto busca deseñar mellores estratexias e políticas que fomenten as transicións de sustentabilidade das zonas rurais.
Seguindo a estela deste taller en Riós, esta semana os parceiros galegos desprazaranse a Baião, onde coñeceran da man da Direção-Geral do Território o funcionamento da figuras da lei portuguesa, entre elas os Condomínios de Aldeia, e analizarán ós aspectos que poderían ser transferibles á lei galega.
PAISACTIVO é un proxecto cofinanciado polo Programa de Cooperación Interreg VI para España – Portugal (
POCTEP) 2021-2027.
RUSTIK é un proxecto financiado polo programa de investigación e innovación Horizon Europe da Unión Europea, no marco do acordo de subvención no GA 101061051. O traballo desenvolvido no marco deste proxecto tamén conta co apoio de Innovate UK a través do esquema Horizon Europe Guarantee.