LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Interacción entre actores e niveis de goberno nos plans de Infraestrutura Verde: Leccións aprendidas de dous procesos de planificación estratéxica en Galicia e Holanda


Rocío Losada Iglesias viaxou a Vilnius (Lituania)  para asistir á 20ª Conferencia da Rede Europea de Desenvolvemento Rural (ERDN), titulada “Transformación Verde nas Áreas Rurais Europeas”, que tivo lugar do 11 ó 13 de Setembro.

O obxectivo da conferencia foi presentar a investigación actual e discutir o futuro desenvolvemento da transformación verde nas áreas rurais de Europa, así como formular recomendacións para a creación de políticas efectivas en desenvolvemento rural e agricultura. Durante o evento, científicos e investigadores de toda Europa presentaron os seus traballos e intercambiaron experiencias neste ámbito.

Rocío tivo a oportunidade de presentar un estudo que analiza os roles dos grupos de interese e as interaccións de gobernanza en proxectos de planificación estratéxica en Galicia e nos Países Baixos, como parte da súa tese doutoral. Este traballo permitiu identificar elementos clave para desenvolver estratexias máis exitosas e efectivas, subliñando particularmente a importancia da participación e compromiso das partes interesadas.

Para saber máis sobre este evento e sobre a ERDN, visita: http://erdn.eu/conference/20erdn2024/

Losada-Iglesias, R. (2024, septiembre 13). Interaction between stakeholders and levels of governance in Green Infrastructure plans: Lessons learnt from two strategic planning processes in Galicia and The Netherlands. XX European Rural Development Network Conference "Green transformation in the European rural areas", Vilnius (Lithuania). Laborate USC (Land Lab). https://doi.org/10.5281/zenodo.13810876