LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Os novos entrantes no marco da transformación dos territorios rurais e a súa adaptación ás distintas crises e tendencias políticas e socioeconómicas


Do 6 ao 8 de novembro tivo lugar en Coimbra o XIV CIER, que congrega bianualmente a persoal investigador especializado en socioloxía, economía e demografía rurais, entre outras, dos países ibéricos e América Latina. As temáticas principais a tratar incluíron: as políticas agrarias, comparando as sucedidas en ambos continentes; a seguridade e soberanía alimentar dende un amplo espectro de perspectivas; o turismo e a mediación cultural nos entornos rurais; a agricultura familiar, etc.
 
Dentro destas, Guillermina Fernández Villar participou coa comunicación dos resultados do seu Traballo de Fin de Máster, que se engloban no marco do recentemente rematado Grupo Operativo Terractiva, do cal o Laboratorio do Territorio é entidade socia. Co aportado introduciuse a potencial relevancia das persoas novas entrantes no sector coma alternativa e complemento ao relevo xeracional familiar clásico, contribuíndo sucesivamente ao resto de comunicacións vencelladas ás dinámicas de incorporación ao sector agrario.
 
Accede á páxina web do congreso para coñecer máis sobre o mesmo e consultar as comunicacións dispoñibles.
 
Fernández Villar, G., Pérez Fra, M. do M., Ónega López, F. J., & Corbelle-Rico, E. (2024, noviembre 15). New entrants in Galicia: what is their role in the future of agriculture?. XIV Congreso Ibero-Latinoamericano de Estudios Rurales (CIER2024), Coimbra (Portugal). Laborate (USC). https://doi.org/10.5281/zenodo.14169185