Xurxo Loureiro Veira, participou o pasado martes 19 de novembro na segunda xornada do ciclo de simposios “Hacia una agenda territorial de Galicia. La integración urbana y rural’ organizado pola Fundación RIA na súa sede en Santiago de Compostela.
O ciclo de simposios ven a complementar a actividade que a Fundación RIA realizou no pasado, recadando coñecemento experto e avaliando os instrumentos territoriais en Galicia. O obxectivo era comprender os marcos territoriais existentes e identificar áreas para unha análise máis profunda. Como resultado identificáronse potenciais, debilidades, retos e prioridades do territorio galego e propoñendo unha serie de estratexias.
Nesta nova fase preténdense identificar temáticas, consensuar posicionamentos e xerar políticas para configurar un enfoque territorial para o desenvolvemento e protección do territorio galego nas próximas décadas. Esta fase está aberta a un público máis amplo a través da organización de conferencias e mesas redondas.
No simposio no que participou o LaboraTe discutiuse sobre territorio e mobilidade e contou coa participación de expertos en diferentes ámbitos. A introdución ao contexto galego foi realizada en base aos resultados acadados na fase anterior e rematou cun panel de expertos no que participaron Pedro Calaza, Alfonso Díaz Revilla e Margarita Novales.
No evento tamén se presentaron dúas iniciativas de interese territorial, sobre mobilidade en áreas non urbanas en Cataluña por Pau Noy, e sobre a infraestrutura verde de Valencia por David Estal. O evento finalizou cunha mesa redonda onde todos os asistentes intercambiaron perspectivas sobre o territorio e a mobilidade en Galicia.
Ligazón:
https://fundacionria.org/gl/work/hacia-una-agenda-territorial-de-galicia/