LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Planeamento participativo para a adaptación do territorio ao cambio climático

Miranda Barrós, David ,
Miranda Barrós, David
A presión das actividades humanas sobre os recursos naturais non deixa de aumentar globalmente, impulsando os cambios ambientais e a competencia pola terra entre diferentes usos, moitas veces conflitivos. Nestes contextos de confluencia de múltiples visións e intereses, a planificación participativa é o enfoque necesario, que permite unha abordaxe integral e conciliadora, considerando as perspectivas de todas aquelas persoas involucradas na xestión territorial, para quen a adaptación ao cambio climático é un reto prioritario e transversal.

Con esta necesidade sobre a mesa, O IBADER, en colaboración co LaboraTe, organiza un curso de capacitación para o deseño,  desenvolvemento e dinamización de procesos de planificación participativos, aplicado a adaptación ao cambio climático en sistemas agrarios.

O curso, que terá lugar do 2 ó 4 de Abril no edificio do IBADER, é gratuíto está aberto para inscrición ata o 15 de Marzo (http://bit.ly/4hH0VRm) e estrutúrase en 3 bloques:
  • Deseño e desenvolvemento de procesos de planificación territorial participativa
  • Xestión e dinamización de procesos participativos
  • Planeamento participativo en adaptación ás alteracións climáticas

Esta acción formativa está orientada principalmente a persoal docente, investigador e técnico do Campus Terra, estudantes do campus así como outras persoas interesadas e con ocupacións afíns.

O curso será impartido por André Vizinho, doutor en planificación participativa para a adaptación da agricultura e a silvicultura ás alteracións climáticas. Ten unha dilatada experiencia en facilitación e desenvolvemento de métodos participativos para a planificación da adaptación ás alteracións climáticas, e actualmente traballa como consultor, facilitador e coordinador de proxectos de planificación e implementación de paisaxes rexenerativas.

Máis info:
  • Inscricións ata o 15 de marzo a través da seguinte ligazón (15 plazas dispoñibles. Confirmarase por correo electrónico): http://bit.ly/4hH0VRm
  • Datos do curso:
    • Datas e horario do curso: Do 2 ao 4 de abril de 2025. De 9:30 a 13:30 e de 15:00 a 17:00.
    • Onde: Edificio do IBADER no Campus Terra (enderezo).
  • Cartaz do curso