A vinte anos vista, como nos gustaría que fosen as nosas aldeas? Que retos necesitamos abordar? Como facelo posible? Como nos encamiñamos cara esa visión? Con estas e outras moitas preguntas moi presentes, o LaboraTe organiza o curso
“Revitalización Rural: a nova vida para as aldeas e a terra” que se celebrará entre os días
17 e 20 de xuño en Lugo. Convócase no marco da oferta de cursos de Verán da USC, e ten matrícula aberta ata o
6 de Xuño.
O obxectivo global é dar a coñecer e difundir as iniciativas que se están a desenvolver para revitalizar o rural galego en liña coa
Visión para as zonas rurais en 2040 da Comisión Europea, e acadar así unhas zonas rurais máis fortes, conectadas, resilientes e prósperas. Pero tendo presente tamén que o coñecemento dos novos instrumentos dispoñibles para a recuperación do territorio rural e das accións innovadoras que están a desenvolver diferentes entidades e organismos a prol do desenvolvemento rural facilitará a súa extensión a outros territorios.
No curso abordaranse os factores chave para a revitalización rural a partir da análise de experiencias e iniciativas desenvolvidas dentro e fóra de Galicia e debaterase sobre as medidas e ferramentas necesarias para promover e impulsar esta revitalización.
O programa inclúe obradoiros prácticos nos que se poñerán en práctica os coñecementos ou solucións innovadoras expostas nas presentacións e mesas redondas.
Datos do curso:
Máis información sobre os cursos de verán da USC: