LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

A práctica e a técnica baixo o enfoque multiactor


Mentres a final do verán marca a volta á rutina, volven con ela as conferencias, congresos e eventos para tecer redes. E así ocorreu estes últimos meses nos cales, no marco do proxecto europeo RUSTIK, participamos no XVIII Congreso da Asociación Europea de Economistas Agrarios celebrado en Bonn e no Segundo Workshop rexional de RUSTIK celebrado en Sober.
 
No primeiro caso, entre os días 26 e 29 de agosto reuníronse na cidade de Bonn en torno a 1000 persoas do ámbito da economía agraria e aplicada para celebrar, entre outros o o 43º Congreso “Food Systems tranformation in Challenging Times” da AEEA.  Alí, Guillermina Fernández presentou, no marco do consorcio de RUSTIK, o póster titulado “A Decission Support System for the implementation of land management policies. Application to the new “model settlements” in Galicia, NW Spain”, co cal fixo un repaso do sistema de axuda á decisión (DSS), impulsado dende o Laborate e ECOAGRASOC e en colaboración con AGADER, para a optimización na selección das poboacións candidatas a se convertiren en aldeas modelo.
 
De volta en Galicia, o día 9 de outubro celebrouse en Áurea Palacio de Sober o segundo dos tres workshops de diseminación rexional programados no marco de RUSTIK. Nesta ocasión o obxectivo era reflexionar sobre enfoque multiactor, e como metodoloxías como por exemplo os “living labs” poden ser útiles  para mellorar as políticas rurais (dende o deseño á implementación ou avaliación das mesmas). Para iso, o evento contou tamén coa participación do proxecto xemelgo GRANULAR e o proxecto Down To Earth, que repasaron a maneira en que a perspectiva colaborativa toma forma dende o deseño á práctica. A xornada contou con unha primeira parte de benvida que deu paso á presentación dos tres proxectos onde interviu Guillermina Fernández; e cunha segunda parte na cal se discutiron nun formato de mesa redonda a importancia da gobernanza multiactor e o traslado de resultados á acción política e administrativa, que contou coa intervención de Mariam Ferreira por parte de RUSTIK.
 
Finalmente, Carlos Díaz de AGADER fixo unha breve introdución ao concepto e aplicación das aldeas modelo, e ofreceunos a oportunidade de percorrer Francos de Proendos para observar de primeira man as acción levadas a cabo grazas á implementación da Aldea Modelo.
 
O certo é que as aldeas modelo seguen a ser unha ferramenta que desperta interese entre persoas expertas en mútiples disciplinas e que descoñecen esta e outras iniciativas da Lei de Recuperación de Terra Agraria de Galicia. En ambas ocasións, a implementación e deseño das aldeas modelo chamou a atención do público, igual ca lóxica da ferramenta de axuda a decisión proposta por RUSTIK, que ademáis de ser alimentada con información pública e aberta, axuda a dar maior valor ao traballo de campo cos axentes interesados.
Dous eventos de características moi diferentes que coinciden na aposta por sistemas baseados na colaboración e a transparencia e a transición cara a un modelo de xestión territorial inclusivo.
 
RUSTIK é un proxecto financiado polo programa de investigación e innovación Horizon Europe da Unión Europea, no marco do acordo de subvención no GA 101061051. O traballo desenvolvido no marco deste proxecto tamén conta co apoio de Innovate UK a través do esquema Horizon Europe Guarantee.
 
Máis información:
RUSTIK: Inside the "Aldea Modelo" of Francos de Proendos (Galicia, Spain)
RUSTIK Galician Regional Workshop | October 2025, Sober (Galicia, Spain)