Presentámosvos as actividades previstas para este primeiro semestre de 2026 no eido da Innovation & Knowledge Exchange | EIP-AGRI da EU CAP Network.
Para os eventos xa pechados, convidámosvos a visitar a páxina web, onde se publicarán os informes finais. Nos eventos con inscrición aberta, animamos a todos aqueles interesados a formalizar a súa participación a través das ligazóns dispoñibles.
- EU CAP Network workshop 'Sensing the future: practical applications of proximal and remote sensing for farmers and advisors', Valencia (España), 27 e 28 de Xaneiro de 2026.
- EU CAP Network workshop ‘Networking for innovation and knowledge exchange’, Jurmala (Letonia), 11 e 12 de Febreiro de 2026.
- EU CAP Network brokerage event 'Innovating for competitive, resilient and sustainable agriculture and rural areas', Varsovia (Polonia), 25 e 26 de Febreiro 2026.
- EU CAP Network seminar 'Innovative tools for advisors', Dublin (Irlanda), 19 e 20 Marzo de 2026.
- EU CAP Network workshop ‘Growing alternative crops for new market opportunities in a changing climate’, Viena (Austria), 22 e 23 de Abril de 2026. Se tes interese en asistir solicita a túa participación aquí antes do 29 de Xaneiro.
- EU CAP Network conference ‘Water resilience in agriculture: innovation in practice’, Hamburgo (Alemania), do 19 ao 21 de Maio de 2026. Se tes interese en asistir solicita a túa participación aquí antes do 9 de Febreiro.
- A rede tamén ten en marcha os seguintes grupos focais:
As actividades da EIP-AGRI son promovidas pola Comisión Europea e realizadas por un equipo formado por un consorcio de diferentes organizacións de 15 países europeos. A USC, a través do LaboraTe, participa neste consorcio europeo e lidera a organización de varios dos eventos previstos.
Co obxectivo de avanzar na súa preparación, o equipo da EIP-AGRI visitou Galicia entre o 13 e o 17 de outubro de 2025, celebrando varias xuntanzas de traballo en Santiago de Compostela e Lugo. Durante a súa estancia tamén puideron coñecer o sistema AKIS galego, así como as liñas de investigación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, e recibir información sobre as actividades do Campus Terra de Lugo. Os participantes visitaron tamén dous Grupos Operativos en Cervantes (OG GAyAS) e na Ribeira de Piquín (OG Forescelta), onde tamén puideron coñecer de primeira man outras actividades que se están a desenvolver neses concellos.
Finalmente a equipa da EIP-AGRI tamén asistiu á entrega dos Premios Rafael Crecente, que tivo lugar na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo o pasado 16 de Outubro de 2025, e do que este ano se celebrou a súa VIII edición.