LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Diagnose e propostas para a remuda agraria en Galicia a debate en Mondoñedo


A remuda agraria é un dos maiores retos que a sociedade galega enfrenta, e unha preocupación que abrangue e trastoca a tódalas dimensións do sector primario. No Laboratorio do Territorio xa vimos de longo falando do que a redución do número de explotacións ou o avellentamento exercen na pervivencia do noso territorio tal e o como o coñecemos, e tamén da alternativa que supoñen as persoas que se incorporan de fóra do sector cando son ben acompañadas.

Os días 7 e 8 de febreiro celebrouse en Mondoñedo o XVII Foro Labrego de Agroecoloxía do SLG, e dende o grupo contribuímos presentando os materiais e ferramentas desenvolvidos no marco do Grupo Operativo TERRACTIVA. Ademais, estivemos acompañadas por Mar Pérez Frá, que ofreceu unha ollada ao sector en materia de remuda xeracional, e polo proxecto de Cooperación Nó Rural – Pactos Territoriais polo Relevo Agrario.

Ámbalas tres ponencias complementáronse nunha mesa que deu un contexto da situación actual da remuda no sector agrario galego, para deixar paso a unha mesa centrada na formación a prol do remplazo xeracional.