Nace Revolta: rede de investigación en agroecoloxía e historia

Enviado por laborate o mér, 07/03/2012 - 12:14 GMT.

Vén de ser concedida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia) unha axuda do programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitiva que apoia a creación dunha rede formada por cinco grupos de investigación das universidades de Santiago e de Vigo.

A importancia do papel que están a desenvolver todos estes grupos no marco científico autonómico é notable, e agárdase que se reforce mediante esta rede de traballo a súa proxección competitiva exterior nos diferentes ámbitos da investigación nos que traballan. Os obxectivos de consolidación e estruturación da rede fan especial incidencia en fortalecer e reorientar as súas liñas de investigación e as colaboracións para complementar as capacidades dos diferentes grupos que a integran, así como o de fortalecer a estrutura da mesma.

Os membros da rede Revolta son os seguintes:

  • Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTAGRA), da USC e dirixido polo Prof. Dr. Lourenzo Fernández Prieto
  • Construcción Sustentáble para o Medio Rural e Natural (COSMERUN), da USC e dirixido polo Prof. Dr. Xoán Carlos Carreira Pérez
  • LaboraTe, da USC e dirixido polo Prof. Dr. Rafael Crecente Maseda
  • Grupo de Estudios de Historia Empresarial y Sectorial. Pesca, Industria y Comercio (GESPIC), da USC e dirixido polo Prof. Dr. Xoán Carmona Badía
  • Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA), da universidade de Vigo e a cargo do Prof. Dr. Xavier Simón Fernández

ligazóns relacionadas:

  • radio Cerna: entrevista a Eduardo Corbelle, xestor científico de Revolta (Marzo 2012, en galego) [formato MP3; 5,7 MB]
english español