Enviado por laborate o lun, 30/04/2012 - 12:40 GMT.
O profesor Rafael Crecente participou no encontro celebrado
"Galicia. Un mundo rural vivo.",
organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo
e celebrado en Lalín do 11 ó 13 de Abril de 2012.
Intervíu nunha mesa redonda xunto co profesor Juan Raposo,
da Universidade de A Coruña, Jorge Duarte, do Colexio de
Arquitectos de Galicia e o profesor Augusto Pérez Alberti,
da Universidade de Santiago de Compostela. O tema central
da mesa foi o urbanismo e a rehabilitación no medio rural,
aínda que pronto derivou ás particularidades e dificultades
que ten o urbanismo en Galicia e en especial no medio rural.
Algunhas das ideas suxeridas na mesa afirmaban que o problema
do urbanismo no rural foi tratar de aplicar uns instrumentos
de xestión urbana no espazo rural, mentras que outros suxerían
que o problema urbanístico do rural é tratar o espazo dende
un punto de vista estético. Rafael Crecente defendeu a idea
de que o urbanismo, entendido como instrumento de ordenación
do territorio, é aínda unha das asignaturas pendentes da
universidade galega.
descargas:
- presentación: "Urbanismo no Rural: ¿un instrumento para un medio rural vivo?" [PDF; ~4,5 MB]