Enviado por laborate o lun, 25/06/2012 - 12:38 GMT.
O LaboraTe particupou na conferencia "Dereitos de propiedade, Economía e Medio Ambiente"
que tivo lugar en Aix-en-Provence (Francia) do 21 ó 23 de Xuño.
Esta conferencia, organizada polo Centro Internacional de
Investigación Ambiental (ICREI),
reuniu un numeroso grupo de participantes en torno ó tema
da propiedade da terra e o mantemento dos valores ambientais,
en especial no ámbito da producción agraria e forestal,
tema central da conferencia do ano 2012.
Durante a conferencia, Francisco J. Ónega e Rafael Crecente
discutiron a iniciativa do Banco de Terras de Galicia
no marco conceptual e analítico da Economía Neoinstitucional,
como un novo mecanismo de gobernanza para a mobilidade de
terras en territorios fragmentados con institucións de propiedade
complexas e elevados custes de transacción.
Durante os diversos seminarios realizados fíxose evidente
a existencia de diferentes visións sobre a propiedade da terra,
o concepto de propiedade privada, os roles do mercado e
da acción pública na ordenación do territorio e dos valores
ambientais, as tendencias na agricultura, demanda alimentaria
e así como das políticas agrarias máis axeitadas que conduzcan
ó desenvolvemento de mecanismos económicos que podan garantir
unha xestión sustentable dos recursos naturais (solo, auga...).
Púxose tamén de manifesto como todos estes aspectos interaccionan
conformando unha matriz de gran complexidade, que plantexa
diversos retos analíticos, técnicos, sociais e políticos.
descargas:
- presentación: "Land banking and land mobility in Galicia in the frame of New Institutional Economics" (en inglés) [PDF; ~1,7 MB]