Comeza o proxecto "Ecuador Territorio Intelixente: apoio á Investigación, Desenvolvemento, Transferencia e Innovación en Ordenación do Territorio e Tecnoloxías de Información Xeográfica"

Enviado por laborate o mér, 29/08/2012 - 15:28 GMT.

Entre os días 11 e 23 do pasado mes de Xullo varios investigadores do LaboraTe, visitaron Ecuador para dar comezo ó proyecto "Ecuador Territorio Intelixente: apoio á Investigación, Desenvolvemento, Transferencia e Innovación en Ordenación do Territorio e Tecnoloxías da Información Xeográfica" (ECU IDTi), financiado por Cooperación Galega.

logotipo de Cooperación Galega

Cooperación Galega pertence á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia. O proxecto EDU IDTi ten o número de expediente PR 803 D 2012/59.

reunión con profesores e investigadores da carreira en Enxeñería Xeográfica e Medio Ambiente na ESPE

reunión con profesores e investigadores da carreira en Enxeñería
Xeográfica e Medio Ambiente na ESPE

Este proxecto está coordinado polo LaboraTe - grupo de investigación 1934-TB da Universidade de Santiago de Compostela (USC) - e o Grupo de Arquitectura de Computadores, da Universidad de A Coruña (UdC).

reunión na FLACSO co doutor Francisco Carrión

reunión na FLACSO co doutor Francisco Carrión

Por parte ecuatoriana, este proxecto conta coa participación de varias universidades deste país coas que a USC ten acordos de colaboración: Facultad Latinoamericana de Ciencias Sociales, Escuela Politécnica del Ejército, Universidad del Azuay, Universidad de Cuenca, Universidad Nacional de Loja e a Escuela Politécnica del Litoral. O presupuesto asignado ascende a 266.338,4 EUR e as diversas acción do proxecto terán lugar entre Xullo de 2012 e Novembro de 2013. Entre as devanditas accións están:

  • Celebración dun seminario internacional en Ecuador sobre Ordenación do Territorio (OT) e Tecnoloxías de Información Xeográfica (TIX).
  • Promoción e animación para crear unha rede ecuatoriana de I+D+T+i.
  • Sete becas de especialización para cursar estudios de postgrado no Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e o Territorio, impartido pola USC.
  • Deseño dun programa de doutoramento conxunto entre as universidades participantes con especialización temáticas.
  • Seminarios intensivos de especialización sobre OT e TIX.
  • Deseño dun centro piloto de investigación sobre OT e TIX.
  • Transferencia de investigación dende o LaboraTe e a Fundación Universidade de A Coruña na utilización de tecnoloxías LiDAR e SIX-Web para dar servizo ós Gobiernos Autónomos Desentralizados a través das universidades ecuatorianas participantes.
reunión de traballo con responsables do SENPLADES, rexión sur

reunión de traballo con responsables do SENPLADES, rexión sur

Como resultado principal do traballo realizado, identificáronse outras universidades - categoría A, mandato 14 - interesadas en participar neste proyecto. Por outra banda, preténdese extender a rede de cooperación a outras instituciones públicas e privadas.

reunión con profesores das universidades de Cuenca e do Azuay e co profesor Domingo Gómez-Orea, da Universidade Politécnica de Madrid

reunión con profesores das universidades de Cuenca e do Azuay
e co profesor Domingo Gómez-Orea, da Universidade Politécnica de Madrid

english español