Enviado por laborate o lun, 26/11/2012 - 14:09 GMT.
Os pasados días 16 e 17 de Novembro celebráronse, co gallo
do 30 aniversario da publicación do libro "La propiedad de la tierra de Galicia, 1500-1936",
do historiador Ramón Villares, as xornadas "A propiedade
da terra: desde a historia para o futuro."
Estas xornadas foron organizadas pola
rede de investigación ReVolta,
unha iniciativa multidisciplinar formada por grupos de investigación
das universidades de Vigo e de Santiago de Compostela, e
da que o LaboraTe forma parte.
Durante estas xornadas buscáronse novas estratexias e políticas
de actuación co obxectivo "superar os límites da propiedade
para a mobilización dos recursos e as posibilidades produtivas
no mundo rural que vaian en favor das comunidades e da sustentabilidade".
Nas xornadas celebráronse varias mesas redondas, como "
O interese do estudo histórico da propiedade no contexto da revolución burguesa",
na que participaron os profesores Ramón Villares (USC),
Ramón Garrabou (Universitat Autònoma de Barcelona), Manuel González
de Molina (da Universidad Pablo de Olavide), Ricardo Robledo
(Universidad de Salamanca) e Jesús Millán (Universitat de València);
ou "Onte e hoxe da propiedade e uso da terra: efectos territoriais
e organización da produción. ¿Para que vale a propiedade
da terra hoxe?", a cargo dos investigadores Eduardo Corbelle,
Xoán Carlos Carreira, Pegerto Saavedra e Edelmiro López Iglesias.
Ademáis de mesas redondas, celebráronse tamén outro tipo
de eventos, como unha sesión de traballo de campo no lugar de San Salvador de Asma (Chantada)
na que se falou, sobre o terreo, da dispoñibilidade de datos
acerca da propiedade, da súa evolución pasada e do seu estado
actual.
ligazóns relacionadas: