O
15º obradoiro internacional LANDNET tivo lugar do 5 ao 7 de xuño de 2024 en Middelburg, Holanda. O evento foi organizado pola Oficina Rexional para Europa e Asia Central da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), en colaboración con Kadaster e a provincia de Zelanda.
Os obxectivos do obradoiro foron presentar e discutir como os instrumentos de xestión de terras (como a concentración parcelaria e os bancos de terras) poden apoiar a posta en marcha de proxectos públicos relacionados coa adaptación e mitigación do cambio climático, a restauración da natureza, a mellora da biodiversidade e as condicións ambientais a través da re-organización das estruturas de tenencia da terra. Ao mesmo tempo, o obradoiro aproveitou a ocasión para conmemorar os 100 anos de concentración parcelaria en Europa, con especial atención á rica experiencia do país anfitrión.
Dende o Laboratorio do Territorio, Quico Ónega fixo un pequeno repaso de como se implantou a concentración parcelaria en España desde os seus inicios alá polo ano 1952. Ademais, a súa exposición prestou especial atención á evolución dos instrumentos de xestión de terras en Galicia, dende os primeiros proxectos de concentración parcelaria aos novos instrumentos postos en marcha pola Lei para a recuperación da terra agraria de Galicia.
Presentación dispoñible en:
https://zenodo.org/records/11939403