A VII Edición dos premios amplía o seu prazo para a recepción de candidaturas ata o 31 de Outubro de 2024.
A presente edición mantén a dotación económica (2.000€ para o primeiro premio e 1.000€ para o segundo) e pódese concorrer con traballos académicos (TFG, TFM, tese) ou poden ser ideas orixinais, traballos técnicos, iniciativas ou proxectos en fase de proposta ou xa executados. O autor ou autores deberán destacar o seu carácter novidoso, explicando onde reside a compoñente de innovación e en que medida a proposta contribúe á iniciativa máis aló do xa existente.
Aínda que os Premios buscan ideas innovadoras que poidan inspirar e mellorar a xestión territorial en Galicia, o ámbito das propostas non se circunscribe á devandita comunidade autónoma. Neste sentido acéptanse propostas de fóra deste territorio, a condición de que se detalle e faga referencia explícita á súa aplicabilidade e/ou viabilidade para o contexto galego. Por exemplo, indicando en que medida a proposta é replicable en Galicia, cal pode ser a achega da idea ao contexto galego, que factores poden favorecer ou dificultar a súa aplicabilidade, etc.
Ligazóns e arquivos: