LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Noticias

Publicada por Lab. Territorio


Na “I Xornada sobre a Ordenación do Territorio. A Ordenación do Territorio en Galicia: Balance e Retos” organizada polo Foro Económico de Galicia o 8 de novembro,  Inés Santé participou no panel “Que lle pide a sociedade ao territorio?” cunha intervención na que se puxo de manifesto a necesidade de avanzar na ordenación do territorio rural con instrumentos, como os plans territoriais integrados, que proporcionen unha ordenación integral e holística de áreas supramunicipais.

Incidiuse ademais na necesidade de ordenar os terreos rústicos mediante un instrumento de ordenación territorial específico para os usos agroforestais e que dea seguridade xurídica ao desenvolvemento destas actividades, como é o Catálogo de solos agropecuarios e forestais introducido pola Lei 11/2021 de recuperación da terra agraria de Galicia. Este Catálogo defínese como o instrumento marco para a ordenación e xestión do desenvolvemento dos usos dos solos agropecuarios e forestais sobre o territorio galego, de xeito que prevalecerá sobre o planeamento urbanístico no solo rústico. Este instrumento propón unha planificación conxunta dos usos agroforestais sobre a base da análise técnica da aptitude do territorio para cada uso, todo elo co fin de protexer os solos de alta produtividade, incrementar a superficie agraria útil, mellorar a eficiencia das actividades agroforestais e, ao mesmo tempo, evitar a desestruturación da paisaxe e minimizar o risco de incendios forestais mediante unha zonificación axeitada.

Máis info: