Marcos Boullón Magán é doutor en Ciencias Físicas pola USC e enxeñeiro informático pola UNED. Ten publicacións no eido da computación de alto rendemento, programación paralela e sistemas distribuidos, así como en tecnoloxías de información xeográfica.Tamén participa activamente en congresos, cursos e proxectos dentro destas áreas. A súa liña de traballo actual está asociado ó desenvolvemento de aplicacións de toma de decisións e de xestión patrimonial baixo plataformas SIX, difusión de información xeográfica mediante visores SIX web e o deseño de algoritmos para o tratamento de información con compoñente xeográfica.