Beatriz Guimarey Fernández é Enxeñeira de Montes pola Univ. de Santiago de Compostela (USC) e cursou tamén, na mesma institución, o Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio. Dende o ano 2007 está vinculada ó LaboraTe (Laboratorio do Territorio) e á plataforma tecnolóxica do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC, onde traballa e realiza a tese doutoral. Está especializada en análise de información xeográfica así como en captura e modelado 3D de datos de sensores remotos, principalmente láser escáner terrestre, pero tamén microdrone e xeorradar. Colabora ademais coa área de formación do SIT, onde organiza e imparte cursos de SIX e sensores remotos.
Dende o ano 2015 é membro do EIP-Agri Service Point, da Dir. Xeral de Agricultura da Comisión Europea. Aquí encárgase da preparación e facilitación de eventos (grupos focais, seminarios e workshops) relacionados coa agricultura e o desenvolvemento rural en Europa e serve de enlace con entidades relacionadas coa investigación en Europa.
Máis información: