Inés Santé Riveira é Doutora Enxeñeira Agrónoma pola Universidade de Santiago de Compostela (2005), premio extraordinario de doutoramento por unha tese sobre planificación dos usos do solo rural, e profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade investigadora desenvólvese fundamentalmente dentro dos campos da ordenación do territorio, modelos e técnicas de planificación do uso do solo (análise multicriterio, optimización heurística e autómatas celulares urbanos), planificación e xestión da paisaxe, Sistemas de Información Xeográfica, sistemas de axuda á decisión espacial, participación pública na planificación territorial e PPGIS.
Ten sido directora do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia entre xuño de 2015 e novembro de 2018, onde dirixiu os traballos para elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia (parte da alianza do premio de paisaxe do Consello de Europa 2017), a Guía de Cor e Materiais de Galicia, a Guía de Caracterización e Integración Paisaxística de Valados e a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia.
Investigadora en máis de noventa proxectos e contratos de investigación, coautora de máis de sesenta traballos de investigación, entre eles vintedous artigos do JCR, sete libros, dez capítulos de libro e outras publicacións.