Contract
← Back to Projects
Contract / Agreement
Colaboración en la organización de la jornada 'Acuerdo Rural', gestión de las mesas de trabajo y redacción del documento de conclusiones
📌 General Information
Summary
Nun contexto de transición ecolóxica e necesidade urxente de reequilibrio territorial, o medio rural non pode seguir sendo tratado como un espazo periférico. Debe recoñecerse como un motor clave de innovación social, sustentabilidade económica e cohesión territorial. Con esta motivación de fondo, nacen as xornadas “Acordo Rural, liderando a transición desde os municipios rurais”, unha oportunidade estratéxica para situar os desafíos do rural no centro das políticas públicas.
Este encontro, organizado polo Concello de Carballeda de Avia, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a Deputación Provincial de Ourense, a Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral para o Reto Demográfico, celebrarase os días 28 e 29 de outubro de 2025 no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, con visitas programadas ás aldeas de Penedo e Muimenta. A USC, a través do Laboratorio do Territorio, forma parte do comité organizador.

Contract Website
Research lines
Start date
27 Out 2025
End date
30 Out 2025
👥 Research Team
🔍
Other Data
Funder / Call: outro
Entities / Participants: No data
Funding: nacional
Num investigadores: 6
Extrainfo: Máis que un programa de visitas e debates, o Acordo Rural será un espazo de encontro entre expertos, axentes rurais, representantes institucionais e iniciativas de referencia de España e Europa. O obxectivo é consensuar unha visión común para abordar os grandes retos e oportunidades dos concellos rurais e acordar as directrices xerais que guíen a acción coordinada das administracións públicas a curto e medio prazo.