O proxecto ERASMUS+ SFATE persegue dar a coñecer as novas tecnoloxías na agricultura a través da creación dun portal web que facilite información sobre a aplicación e vantaxes das novas tecnoloxías, as oportunidades de emprego asociadas ás mesmas e os recursos didácticos que se poden utilizar para adquirir as competencias necesarias para acceder a estas oportunidades de emprego.
Os socios do proxecto veñen de celebrar o 13 e 14 de novembro a súa última xuntanza no Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Santiago. Na xuntanza presentáronse os resultados acadados e se comentaron os pasos a dar para diseminalos. Tamén se discutiu o proceso de avaliación do proxecto e outros aspectos administrativos do mesmo.
No proxecto SFATE participa a USC representada polo Laboratorio do Territorio así como a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Federación de Escolas Familiares Agrarias de Galicia, a Asociación de Cámaras Agrarias do Arco Atlántico (Francia), a Universidade Philipps de Marburg (Alemaña) e o Centro Biotécnico de Naklo (Eslovenia).
Puede visitar el portal web de SFATE en sfate.eu