LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Amplíase o prazo para a presentación de candidaturas á V Edición dos Premios Rafael Crecente a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial


A V Edición dos premios, presentada en Setembro de 2021, amplía o seu prazo para a recepción de candidaturas ata o 30 de Setembro de 2022.

A presente edición mantén a dotación económica (2.000€ para o primeiro premio e 1.000€ para o segundo) e tamén o perfil dos candidatos, que deberán ser titulados de Grao ou Máster dos últimos 5 anos.

Sen embargo, tal e como se recolle nas bases, amplíase o ámbito dos traballos candidatos. As propostas non necesitan ser totalmente orixinais e poden inspirarse en iniciativas preexistentes, tales como traballos final de grao ou máster.

Por outro lado, aínda que os premios buscan ideas innovadoras que poidan inspirar e mellorar a xestión territorial en Galicia, o alcance das propostas non se limita a esa comunidade autónoma. Neste sentido, acéptanse candidaturas de fóra deste territorio, que indiquen de xeito explícito á súa aplicabilidade e / ou viabilidade para o contexto galego. Por exemplo, indicando ata que punto a proposta é replicable en Galicia, cal pode ser a contribución da idea ao contexto galego, que factores poden favorecer ou dificultar a súa aplicabilidade, etc.

Toda a información na seguinte ligazón: