LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Premios Rafael Crecente / Os premios

RafaOs Premios “Rafael Crecente” están orientados a xóvenes titulados e buscan impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia.

Os premios son convocados anualmente dende 2017 pola Universidade de Santiago de Compostela a través do Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Rural (IBADER) e o Laboratorio do Territorio (LaboraTe). Son unha homenaxe á labor desenvolvida polo Dr. Rafael Crecente Maseda, profesor titular do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Lugo e considerado coma un dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia.

Foi impulsor e coordinador do grupo de investigación Territorio – Biodiversidade, no que se integraron gran número de profesores e investigadores do Campus de Lugo e puxo en marcha a primeira plataforma tecnolóxica sobre SIX e información territorial, o Sistema de Información Territorial (SIT).

A VIII Edición  ten aberto o prazo para a recepción de propostas ata o 20 de Setembro de 2025. A cerimonia de entrega de galardóns está prevista para o xoves 16 de Outubro en Lugo.

Concédense dous premios, un primeiro e un segundo, co recoñecemento formal a través dun diploma acreditativo e unha contía económica de 2.000’00 € e 1.000’00 € respectivamente. Valóranse, entre outras cuestións, a viabilidade práctica e aplicabilidade, impacto na sostibilidade territorial e a xestión dos recursos en Galicia, e os compoñentes de innovación social, por exemplo, no ámbito da xestión da propiedade.

Os candidatos necesitan presentar:

  • Memoria explicativa. No caso de traballos académicos como TFGs/TFMs/Teses poderán presentar a memoria orixinal. Ver detalles nas bases (ligazón abaixo)
  • Ficha/póster resumo. Poden verse exemplos das propostas de edicións anteriores
  • Anexo I (formulario de solicitude)
  • Currículum vitae
  • Título ou certificación académica

Ligazóns e arquivos:


Outros sitios
usc
ibader
campus terra
Direccion Lab Territorio · Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER)
Universidade de Santiago de Compostela · Campus Universitario s/n · 27002 Lugo (Galicia, Spain)
www.ibader.org·