LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Aberta a convocatoria para candidaturas á VI Edición dos Premios Rafael Crecente


Os Premios Rafael Crecente a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial continúan a súa traxectoria cunha nova convocatoria, a VI, que está aberta para recepción de propostas ata o 30 de Setembro.

Si ben conceptualmente os premios manteñen o seu espírito orixinal -premiar ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo- a presente convocatoria conta con dúas novidades. Por primeira vez será posible concorrer con propostas colectivas. Neste caso un dos asinantes da proposta deberá cumprir os mesmos criterios que os candidatos individuais, é dicir, ter rematada a súa titulación de acceso ó premio (Grao, Máster, Tese de Doutoramento) nos últimos 5 anos.

Por outro lado, como en edicións anteriores, pódense presentar ideas orixinais ou traballos técnicos, pero a esta convocatoria tamén poderán concorrer iniciativas ou proxectos en fase de proposta ou xa executados. E o igual que nas edicións pasadas, o premio está aberto a traballos final de Grao, Máster ou Teses, si ben estes deberán cumprir o formato establecido para a presentación de propostas (consultar as bases para máis detalles)

Os premios valorarán a viabilidade práctica e aplicabilidade, impacto na sostibilidade territorial e a xestión dos recursos, e os compoñentes de innovación social, por exemplo, no ámbito da xestión da propiedade. Nesta VI edición mantense a dotación económica (2.000€ para o primeiro premio e 1.000€ para o segundo).

 

Máis información: