LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Noticias

Publicada por Lab. Territorio

TERRACTIVA - Identificación de Nuevos Entrantes a la actividad agraria


No proxecto TERRACTIVA, estamos a caracterizar os Novos Entrantes (NE) na agricultura. O obxectivo é coñecer mellor cales foron/son os seus principais problemas, necesidades, así como as súas capacidades e o tipo de orientación e axuda que recibiron ó iniciar a súa actividade.

TERRACTIVA pretende contribuír a mellorar o marco de apoio ós NE. A modo de exemplo un dos resultados será xerar guías de apoio que faciliten o camiño aos futuros novos entrantes, abordando temas clave como: acceso á terra, capacitación ou planificación técnico-económica ou xurídica, e atopando solución aos aspectos que na experiencia dos actuais NE supuxeron un maior obstáculo.

Nunha primeira fase estamos a identificar Novos Entrantes. Pregámosche difundas o seguinte formulario entre as persoas que consideres cumpran cos seguintes criterios:

  • Que non tendo desenvolto unha actividade agraria previa -a nivel profesional-, teñan iniciado unha actividade agrícola e/ou gandeira nos últimos 10 anos, non sendo por sucesión (na explotación dos pais).
  • Que se teñan incorporado como titulares ou co-titulares de explotación.