Enxeñeiro Agrónomo, ten participado en diversos proxectos de I+D+innovación no eido das políticas da terra e da mellora dos instrumentos de xestión a nivel local, rexional e internacional. Participa no Master en Xestión Sostible da Terra e do Territorio no que contribúe ás materias de Instrumentos de Xestión de Terras e Negociación e Resolución de Conflitos. Dende 2013 é oficial de investigación e ciencia no Servizo de Apoio da Asociación Europea de Innovación en agricultura (EIP-AGRI). Ten publicado sobre a xestión de terras e do territorio, desenvolvemento rural e agricultura, coa innovación e o cambio institucional como temas transversais. Participou na creación e desenvolvemento do Banco de Terras de Galicia, sendo o seu xerente nos comezos da súa actividade. É gandeiro a tempo parcial dende o 2007 cun rebaño de medio cento de ovellas nas terras de Pol.