Enxeñeira Agrónoma e Master en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio pola USC. Experiencia laboral tanto na empresa pública como na privada. Dende 2009 vinculada ó grupo de investigación LaboraTe (GI-1934 TB) da Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza labores de apoio a investigación a distintos membros do grupo, sempre en proxectos vinculados coa xestión e ordenación territorial. Os principais campos de traballo están relacionados coa ordenación urbanística, plans territoriais, plans de emerxencia municipal, xestión de terras, captura e tratamento de datos, elaboración de cartografía e de informes.