Profesor titular de universidade na Universidade de Santiago de Compostela (USC) desde maio de 2012, na área de enxeñaría cartográfica, xeodésica e fotogrametría.
Na actualidade coordina o Grupo de Investigación GI-1934-TB (Territorio e Biodiversidade) e está integrado na equipa de investigación do Laboratorio do Territorio (LaboraTe).
Coordina desde 2013 o Sistema de Información Territorial da USC (Plataforma Tecnolóxica da RIAIDT que proporciona soporte en técnicas propias da xeomática á comunidade universitaria).
Desde o curso 2012-13 coordina o Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, e o Programa de Doutoramento oficial da USC coa mesma denominación.
As súas liñas de investigación aséntanse sobre a xestión territorial, facendo uso nalgúns casos dos sensores remotos para unha máis eficiente captura da información xeoespacial.
Código ORCID: 0000-0002-9349-0904 (http://orcid.org/0000-0002-9349-0904)