LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / SITE / Descrición

Que é o SITe?

O SITe é un conxunto de ferramentas de información xeográfica para (o apoio na) a ordenación territorial e a xestión de terras. O SITe é un sistema dinámico desenvolto polo Laboratorio do Territorio da USC. Reúne de forma independente diverso software para visualización, edición e procesado de información espacial, co gallo de facilitar o seu uso por calquera persoa interesada ou involucrada na xestión territorial e, en particular, favorecer a difusión do coñecemento sobre o territorio así como mellorar as decisións e prácticas de xestión de terras.Imaxe PPGIS App

Historia do SITe

No seu traballo habitual, en multitude de proxectos relacionados co territorio ao longo dos anos, e na xestión da información gráfica, xeoespacial e alfanumérica asociada aos mesmos, o Laboratorio do Territorio foi creando, modificando e adaptando as súas necesidades de traballo, un conxunto de ferramentas principalmente de software e do mundo da tecnoloxía da información.

Moitas destas ferramentas posúen entidade propia pero a forma e ambiente no que foron creadas fai que empregadas en conxunto ou por grupos gañen relevancia e se optimicen as súas funcionalidades.

Así o conxunto formado por compoñentes de distinto tipo conforman unha especie de “office suite” (paquete ofimático) especializado no territorio e na xestión da súa información xeográfica, orientado aos tipos de proxectos e liñas de investigación propias do LaboraTe.

Cada un dos compoñentes pode ter distinta natureza informática; dende visores web programados de cero ata a adaptación dun novo algoritmo nun programa SIX básico. Incluso as veces, pola súa relevancia, a propia implementación dun destes compoñentes nun proxecto ou entidade concreta pasa a considerarse parte do paquete SITe se aporta un valor xenérico importante ao resto de compoñentes. e.g. o conxunto de datos e mapas de elaboración propia do LaboraTe que se dispoñibilizan como elemento fundamental dun dos visores do SITe.


Outros sitios
usc
ibader
campus terra
Direccion Lab Territorio · Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER)
Universidade de Santiago de Compostela · Campus Universitario s/n · 27002 Lugo (Galicia, Spain)
www.ibader.org·