O Laboratorio do Territorio (LaboraTe) é un grupo de investigación e docencia integrado por profesores e investigadores de diferentes áreas de coñecemento, onde o territorio en sentido amplo, e especialmente o territorio rural, constitúen o seu principal ámbito de traballo. O feito de estar integrados dentro dunha Escola de Enxeñería, orienta tódalas nosas actividades cara a investigación-acción, é dicir, cara un desenvolvemento integral do medio rural que orixine a mellora da calidade de vida dos seus habitantes.
Tras iniciar o seu funcionamento no ano 1995 coa denominación de 'Laboratorio de Proxectos e Planificación', cambia de denominación para integrar dende unha visión horizontal as actuais liñas de investigación, docencia, desenvolvemento e innovación que o forman:
- Ordenación do territorio
- Desenvolvemento rural
- Posesión da terra e Xestión do territorio
- Planificación da paisaxe
- Sistemas de Información Xeográfica (SIX), fotogrametría e teledetección
- Cooperación para o desenvolvemento
Este enfoque horizontal e sistémico, anímanos e obríganos a establecer e manter liñas de traballo e proxectos con outros grupos de investigación universitarios, administracións, empresas, e outros axentes sociais, que comparten esta visión.
En contra do que entendemos coma práctica habitual na investigación, a nosa visión pretende encher os ocos existentes nos 'ecotonos' ou espazos fronteira entre as distintas disciplinas científicas e áreas de coñecemento.
O LaboraTe é parte do grupo de investigación G.I.-1934-TB da USC.
Os datos de contacto son:
Laboratorio do Territorio
Escola Politécnica Superior de Lugo, pavillón II
rúa Benigno Ledo s/n
27002 Lugo
España
Correo: laborate@usc.es
Teléfono:
laboratorio 1: +34 982823292
Teléfono de contacto:
+34 982822830