LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / SITE / Que é o SITE?

No seu traballo habitual, en multitude de proxectos relacionados co territorio ao longo dos anos, e na xestión da información gráfica, xeoespacial e alfanumérica asociada aos mesmos, o Laboratorio do Territorio foi creando, modificando e adaptando as súas necesidades de traballo un conxunto de ferramentas principalmente de software e do mundo da tecnoloxía da información.

Moitas destas ferramentas posúen entidade propia e rexistros de propiedade intelectual independentes pero a forma e ambiente no que foron creadas fai que empregadas en conxunto ou por grupos gañen relevancia e se optimicen as súas funcionalidades

Así o conxunto formado por compoñentes de distinto tipo conforman unha especie de “office suite” (paquete ofimático) especializado no territorio e na xestión da súa información xeográfica, orientado aos tipos de proxectos e liñas de investigación propias do LaboraTe.

Cada un dos compoñentes pode ter distinta natureza informática dende visores web programados de cero ata adaptación dun novo algoritmo un programa SIX básico. Incluso pola súa relevancia a propia implementación dun destes compoñentes nun proxecto ou entidade concreta pasa a considerarse parte do paquete SITe se aporta un valor xenérico importante ao resto de compoñentes. e.g. o conxunto de datos e mapas de elaboración propia do LaboraTe que se dispoñibilizan como elemento fundamental dun dos visores do SITe.


Outros sitios
usc
ibader
campus terra
Direccion Lab Territorio · Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER)
Universidade de Santiago de Compostela · Campus Universitario s/n · 27002 Lugo (Galicia, Spain)
www.ibader.org·