Enviado por eva.lopez o ven, 08/04/2016 - 10:08 GMT.
O investigador do LaboraTe, Iván Díaz López, vén de presentar
o proxecto coñecido como "O Modelo MARCOS" (Mecanismo Arario
de Reestruturación Comunitaria da Superficie), que consiste
nunha mobilización local e voluntaria das terras, de carácter
temporal e sen cambio de titularidade; baseada en intercambios
e arrendamentos entre propietarios da terra, de tal xeito que,
adaptándose ás infraestruturas actuais, realizarase unha agrupación
de predios atendendo ao aproveitamento das explotacións gandeiras
da zona.