Enviado por eva.lopez o xov, 23/06/2016 - 12:07 GMT.
Esta iniciativa enmárcase dentro dos Cursos de Verán da USC 2016.
O evento terá lugar na Escola Politécnica Superior de Lugo durante
os días 12, 13 e 14 de xullo, cunha duración de 20 horas lectivas.
Cofinanciadas pola Deputación de Lugo, estas xornadas sobre o novo PDR galego 2014-2020,
reunirán durante tres días a destacados expertos en materia de desenvolvemento rural tanto
do ámbito académico como do asociativo, o profesional ou o das institucións públicas.
Toda a información relativa, dispoñible na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/