Transferencia

Plataforma SIT
O Sistema de Información Territorial (SIT) da USC é unha plataforma científico-tecnolóxica do Campus Terra que se nutre do coñecemento xerado polo Laboratorio do Territorio.
Terractiva
TERRACTIVA nace como un grupo operativo, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, que busca a mellora das capacidades técnicas e a xeración de recursos para potenciar o apoio aos novos entrantes no proceso de incorporación á agricultura. Partíase de dous obxectivos fundamentais: Propor un marco metodolóxico e compendio de ferramentas para impulsar o acceso á terra agraria, e facilitar a incorporación na agroecoloxía.


EU CAP NETWORK
EIP-Agri
A EU CAP NETWORK | EIP‑AGRI é promovida pola Comisión Europea e traballa para conectar agricultores, gandeiros, asesores, investigadores, empresas, ONG, cidadanía e outros actores, co obxectivo de fortalecer os fluxos de coñecemento e acelerar a innovación na agricultura, a silvicultura e o medio rural. A súa actividade estrutúrase arredor dun modelo de innovación interactiva que impulsa a colaboración práctica entre distintos perfís profesionais.
Observatorio Galego de Mobilidade de Terras
Este Observatorio creouse co obxectivo de recompilar, procesar e difundir información anual sobre a mobilidade do solo rural en Galicia. O obxectivo é mellorar a transparencia dos mercados e comprender as dinámicas que se producen sobre estas terras a nivel parroquial/municipal e para o conxunto da Comunidade Autónoma de Galicia. O fin último é poder deseñar e implementar políticas públicas dirixidas a un mellor aproveitamento do solo e dos recursos do territorio, e ao mesmo tempo proporcionar datos que axuden ás decisións dos axentes privados.


SITe
O SITe é un conxunto de ferramentas de información xeográfica para (o apoio na) a ordenación territorial e a xestión de terras. O SITe é un sistema dinámico desenvolto polo Laboratorio do Territorio da USC. Reúne de forma independente diverso software para visualización, edición e procesado de información espacial, co gallo de facilitar o seu uso por calquera persoa interesada ou involucrada na xestión territorial e, en particular, favorecer a difusión do coñecemento sobre o territorio así como mellorar as decisións e prácticas de xestión de terras.