Información Premios Rafael Crecente
Os Premios “Rafael Crecente” están orientados a xóvenes titulados e buscan impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia.
Os premios son convocados anualmente dende 2017 pola Universidade de Santiago de Compostela a través do Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Rural (IBADER) e o Laboratorio do Territorio (LaboraTe). Son unha homenaxe á labor desenvolvida polo Dr. Rafael Crecente Maseda, profesor titular do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Lugo e considerado coma un dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia. Foi impulsor e coordinador do grupo de investigación Territorio – Biodiversidade, no que se integraron gran número de profesores e investigadores do Campus de Lugo e puxo en marcha a primeira plataforma tecnolóxica sobre SIX e información territorial, o Sistema de Información Territorial (SIT).
A IX Edición ten aberto o prazo para a recepción de propostas ata o 30 de Setembro de 2026. A cerimonia de entrega de galardóns será previsiblemente en Outono, en Lugo.
Concédense dous premios, un primeiro e un segundo, co recoñecemento formal a través dun diploma acreditativo e unha contía económica de 2.000’00 € e 1.000’00 € respectivamente. Valóranse, entre outras cuestións, a viabilidade práctica e aplicabilidade, impacto na sostibilidade territorial e a xestión dos recursos en Galicia, e os compoñentes de innovación social, por exemplo, no ámbito da xestión da propiedade.
Presentación de candidaturas IX Edición
O prazo de presentación de propostas, comenzou a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela (19 de xuño de 2026), accesible a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela [https://sede.usc.es/sede/publica/index.htm]. O prazo de presentación de propostas remata o 30 de setembro de 2026.
Soamente serán admitidas as propostas presentadas no Rexistro Electrónico da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela. Os pasos son os seguintes:
- Descarga a documentación, incluídos anexos a cubrir de aquí.
- Unha vez preparada a documentación segundo indican as bases, acceder a [Sede electrónica / Servizos persoais / Rexistro Electrónico]
- Presenta unha “Solicitude Xeral” dirixida ao órgano “Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural” indicando no asunto da solicitude: “Premios de Investigación Rafael Crecente 2026”, expoñendo a túa vontade de participar nesta convocatoria, e solicitando ser admitido/a nela.
Con esta solicitude terás que anexar a través da propia aplicación a seguinte documentación en formato electrónico (PDF). Consulta as bases para os detalles de cada documento:- Memoria
- Anexo I (Solicitude de Participación e Declaración Responsable)
- Anexo II (Resume da proposta)
- Currículum vitae normalizado da FECYT.
Toda a información, incluidas as bases da IX Edición Premios Rafael Crecente, pódense consultar:
Si tes dúbidas, podes escribirnos a premio.rafaelcrecente@usc.es
Si queres recibir información de cando se abren novas convocatorias, inscríbete aquí.
Máis información
Arquivos edicións anteriores:
- Listado de traballos premiados e propostas recibidas (edicións anteriores)
- Vídeo entrega de Premios VIII Edición
- Bases da edición anterior, VIII Edición Premios Rafael Crecente (galego, castelán)