Infraestrutura verde e servizos ecosistémicos
O noso grupo de investigación sitúa a Infraestrutura Verde como un motor estratéxico para a transformación dos sistemas socioecolóxicos cara a modelos máis resilientes e sustentables. Fronte á ameaza global do cambio climático e á degradación dos hábitats, o noso traballo céntrase en desenvolver metodoloxías e tecnoloxías que axuden a integrar a conservación da biodiversidade e a provisión de servizos ecosistémicos na planificación territorial.
Nesta liña, a nosa actividade investigadora articúlase a través de tres enfoques complementarios:
- Avaliación de servizos ecosistémicos para apoiar a toma de decisións e contribuír ao equilibrio ambiental e social.
- Desenvolvemento de sistemas de apoio á decisión espacial para a planificación territorial da infraestrutura verde, incluíndo algoritmos de optimización espacial avanzadapara delimitar áreas multifuncionais.
- Promoción de sistemas de gobernanza participativa que fagan os procesos de planificación máis inclusivos, transparentes e socialmente lexitimados.

Grazas a este enfoque, o grupo persigue desenvolver solucións e metodoloxías que integren conxuntamente criterios ecolóxicos e sociais na ordenación do territorio.
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2026 | Ordenación territorialXestión de terrasInfraestrutura verdeSistemas alimentarios | RURALIDADES DEL NOROESTE PENINSULAR DIAGNÓSTICO Y DIRECCIONES DE ACTUACIÓN |
| Congreso | 2019 | Ordenación territorialInfraestrutura verde | La infraestructura verde de Galicia |
| Publicación | 2019 | Infraestrutura verdeCiencia de xeodatos | Geographical Information Systems for landscape characterization, analysis and planning. Application to landscape management in Galicia (NW Spain) |
| Publicación | 2019 | Infraestrutura verde | Guía de Estudos da Paisaxe Urbana |
| Publicación | 2016 | Ordenación territorialInfraestrutura verde | Guía de Caracterización e Integración Paisaxística de Valados. Colección Paisaxe Galega 👤 Santé, I., Fernández, A.; Álvarez, J. L.; Fernández, M. M.; Aguirre, I.; Máquez, M.; Moral, C.; Adler, C.; Vázquez, L. |