Planeamento territorial participativo para a adaptación ao cambio climático
A presión das actividades humanas sobre os recursos naturais non deixa de aumentar a nivel global, impulsando os cambios ambientais e a competencia pola terra entre diferentes usos, moitas veces conflitivos. Nestes contextos de confluencia de múltiples visións e intereses, a planificación participativa é o enfoque necesario, que permite unha abordaxe integral e conciliadora, considerando as perspectivas de todas aquelas persoas involucradas na xestión territorial, para quen a adaptación ao cambio climático é un reto prioritario e transversal.
Con esta necesidade sobre a mesa, o IBADER, en colaboración co LaboraTe, organiza un curso de capacitación para o deseño, desenvolvemento e dinamización de procesos de planificación participativa, aplicado á adaptación ao cambio climático en sistemas agrarios. O curso, que terá lugar do 2 ao 4 de abril no edificio do IBADER, é gratuíto e está aberto para inscrición ata o 15 de marzo (http://bit.ly/4hH0VRm) e estrutúrase en 3 bloques:
- Deseño e desenvolvemento de procesos de planificación territorial participativa
- Xestión e dinamización de procesos participativos
- Planificación participativa na adaptación ao cambio climático
Esta acción formativa está dirixida principalmente a persoal docente, investigador e técnico do Campus Terra, ao alumnado do campus así como a outras persoas interesadas con ocupacións afíns.
O curso será impartido por André Vizinho, doutor en planificación participativa para a adaptación da agricultura e a silvicultura ao cambio climático. Ten ampla experiencia na facilitación e desenvolvemento de métodos participativos para a planificación da adaptación ao cambio climático e actualmente traballa como consultor, facilitador e coordinador de proxectos de planificación e implementación de paisaxes rexenerativas.
Máis info: inscricións ata o 15 de marzo a través da seguinte ligazón (15 prazas dispoñibles. Confirmarase por correo electrónico): http://bit.ly/4hH0VRm
Datos do curso:
- Datas e horario do curso: do 2 ao 4 de abril de 2025. De 9:30 a 13:30 e de 15:00 a 17:00.
- Dónde: Ibader – Campus Terra (dirección).
- Cartaz do curso