Sistemas alimentarios e remuda xeracional en agricultura
Baixo esta liña de investigación analízase o sistema agroalimentario adoptando unha visión holística e sistémica. Abórdanse tanto a evolución do sistema como a dos procesos internos ou externos que o afectan considerando as complexas interrelacións que se producen entre os elementos que o conforman. Deste xeito, estúdase a dispoñibilidade de recursos para a produción, o impacto da dieta no territorio, os conflitos emerxentes e os factores que garanten a seguridade alimentaria. Baixo esta liña abórdase a análise de actores que interveñen no sistema e das súas interrelacións, considerándoos axentes activos nos procesos de ordenación territorial e nos procesos de investigación.
En Galicia, o avellentamento das explotacións e a falta de remuda evidénciase en que case a metade das xefaturas de explotación estaban por riba da idade de xubilación xa no ano 2020. Así e todo, o fenómeno transcende o demográfico, véndose afectado por cambios nos usos do solo e a propiedade, nas políticas agrarias, ou na mesma organización social. Dende o Laborate, a remuda xeracional abórdase como un proceso relacional de entrada, continuidade e saída do sector agrario, tanto de productores/as como de familias, persoal traballador, entidades de asesoramento/acompañamento, axentes políticos, sector educativo, mercados, etc. O traballo de investigación céntrase na análise dos procesos, relacións e condicións de todos estes actores que inflúen a incorporación e saída dos distintos perfís.

A continuidade do sistema alimentario galego ten implicacións na produción alimentaria local a longo prazo, así como na conservación de coñecementos tradicionais vencellados ao agro, ou nos ecosistemas e a paisaxes agrarios. Esta liña de investigación céntrase na funcionalidade do sistema alimentario, na xestión dos recursos e na seguridade alimentaria e relaciónase con outras liñas de investigación do laboratorio como a ordenación territorial, a xestión de terras, ou a infraestrutura verde e os servizos ecosistémicos.
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2026 | Ordenación territorialXestión de terrasInfraestrutura verdeSistemas alimentarios | RURALIDADES DEL NOROESTE PENINSULAR DIAGNÓSTICO Y DIRECCIONES DE ACTUACIÓN |
| Publicación | 2026 | Xestión de terrasSistemas alimentarios | Alimentos sostibles e xestión do territorio 👤 Mª Ángeles Romero Rodríguez, David Miranda Barrós, María do Mar Pérez Fra, Eduardo José Corbelle Rico, Mª Pilar España Fariñas, Ana Isabel García Arias, Xurxo Loureiro Veira, Francisco José Ónega López, José Carlos Otero González, Inés Santé Riveira, Bernardo Valdês Paços |