Saltar ao contido

Carlota García Lagares

Técnico

En 2026 foi contratada como técnica especialista de investigación, participando na actualización e xestión de bases de datos espaciais relacionadas coa Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL) na provincia de Lugo.

O seu Traballo Fin de Grao en Enxeñería Forestal, titulado “Avaliación de diferentes metodoloxías de inventario forestal na estimación de variables fundamentais de rodal”, analiza a eficiencia de distintos métodos de inventario, achegando criterios para optimizar o deseño de parcelas e mellorar a toma de decisións na xestión forestal. Este traballo foi recoñecido co premio nos X Traballos Fin de Grao sobre Enxeñería e Muller Rural da Escola Politécnica Superior de Enxeñería (EPSE) da USC, así como cun accésit nos V Premios á Innovación Forestal outorgados por Ence e a Cámara de Comercio.