Actividades

Premios Rafael Crecente
Os Premios “Rafael Crecente” están orientados a xóvenes titulados e buscan impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia.
Cursos
No Laboratorio do Territorio (LaboraTe) organizamos actividades formativas dirixidas a estudantes, profesionais e entidades interesadas. Estes cursos combinan contidos teóricos actualizados con exemplos reais e ferramentas técnicas empregadas nos proxectos do grupo.


Subscrición
Inscríbete aquí se queres recibir información cando se abran convocatorias para futuras actividades, tales como cursos, conferencias ou os Premios Rafael Crecente.